12 enero, 2010

A Xunta preséntalle ao sector galego das TIC o Plan de acción para o desenvolvemento da sociedade da información no 2010

Anuncia a posta en marcha dunha liña de axudas por valor de 10 millóns de euros neste exercicio, orientadas a impulsar o desenvolvemento deste sector empresarial en Galicia

  • O Goberno galego reuniuse cos representantes do sector co obxectivo de darlle a coñecer as liñas de actuación nesta materia así como para recoller as súas suxestións e achegas
    O plan de acción recolle o despregamento das infraestruturas de telecomunicación, o desenvolvemento do e-Goberno, o fomento da inclusión dos colectivos máis afastados da sociedade dixital, a introdución das TIC nas pemes e micropemes e o impulso ao sector TIC galego como eixes de actuación prioritarios
    Algunhas destas actuacións terán carácter plurianual e excederán o marco temporal vixente, integrándose no Plan Estratéxico Tecnolóxico Global que, segundo avanzou Mar Pereira, estará rematado en xuño deste ano e conformará a nova estratexia TIC e da Sociedade da Información de Galicia
    Destaca que o Plan director da banda larga estará rematado “a finais deste mesmo mes de xaneiro e iniciará de xeito inmediato a súa execución”
    A convocatoria de axudas para o sector que porá en marcha a Xunta terá catro liñas de acción: o desenvolvemento da empresa dixital, a produción de contidos dixitais innovadores de calidade, a promoción de actividades de difusión e formación orientadas á inclusión da cidadanía no novo espazo dixital e o impulso de medidas para o estímulo de empresas TIC de Galicia

No hay comentarios.: